este verán no grupo Greta and the fibers están a organizar un KAL no que decidín participar porque me encantou este chal. Os gráficos son fáciles de recordar polo que é bastante fácil e faise rápido. parecíame algo pequeno e fixen unha repetición máis do último gráfico antes de facer o borde. Logo no borde non me coincidían os puntos e tiven que improvisar algo pero o resultado gustoume moito...
E como me gustou tanto, empecei outro dos chales do KAL, espero ensinarvolo pronto...
Se queredes participar aínda estades a tempo, pasádevos polo grupo de ravelry.
Máis detalles aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario