viernes, 20 de marzo de 2015

Unha despedida...


vaia dende aquí a miña homenaxe á persoa que me ensinou a calcetar. A miña avoa... Sempre levarei no recordo aquelas tardes de inverno detrás da cociña de leña calcetando.
Ata sempre avoiña.

sábado, 7 de febrero de 2015

Cubrecueiros

Xa hai uns cantos meses que non paso por aquí, andiven algo liada... pero sigo calcetando. Unha das cousas que  fixen foi este cubrecueiros  que tivo moito éxito en instagram, e por aclamación popular aquí vos deixo o patrón. As fotos non son moi boas pero coa luz que había non puiden conseguir outra cousa... 


PATRÓN (galego)
 Materiais: 4 botóns de madeira, 1 madeixa de la para agullas do 5, eu usei a calidade Altea de Hilaturas LM.
Mostra: 16 puntos son 10 cm

 Monta 46 puntos e tece a punto do dereito unhas 40 voltas, 13 cm aproximadamente. 
Seguinte volta: pecha os 8  primeiros puntos e tece do dereito ata o final. 
Seguinte volta: pecha os 8 primeiros puntos e tece do dereito ata o final.
Quedan 30 puntos.
Seguinte volta : 3 puntos do dereito, mingua  1 punto (pasa un sen tecer tece o seguinte e monta o punto deslizado por riba deste último), tece todo do dereito ata os 5 puntos finais , mingua 1 punto( tecendo dous puntos xuntos), tece os 3 últimos puntos do dereito.
Seguinte volta: todos os puntos do dereito.
Repite estas dúas voltas 9 veces. Quedan 12 puntos.
Tece 6 voltas a punto dereito.
Seguinte volta: tres puntos do dereito, un aumento ( recolle  coa agulla a lazada que vai de punto a punto e técea retorta), tece todo do dereito ata os 3 últimos puntos, fai un aumento, 3 puntos dereito.
Seguinte volta: todos os puntos do dereito.
Repite estas duas últimas voltas 6 veces en total. Quedan 24 puntos.
Seguinte volta: 3 puntos dereito, fai unha botoeira ( tece 2 puntos xuntos e fai unha lazada), segue a tecer do dereito ata os 5 puntos últimos e fai outra botoeira( esta vez fai a lazada primeiro e e os 2 puntos xuntos despois), 3 puntos do dereito.
A continuación segue tecendo do dereito 9,5 cm máis que son unhas 28 voltas coa miña tensión de tecido. 
Repite a volta das botoeiras. E tece 4 voltas máis de punto do dereito. Pecha todos os  puntos, remata os fíos e cóselle os botóns e terás rematado este cubrecueiros.
Se tés algunha dúbida preguntame sen problema, tentarei contestarche...
Espero que che sirva...





Patrón (castellano):

Material: 4 botones, 1 ovillo de lana para agujas del 5 ( yo usé la calidad Altea de Hilaturas LM).
Muestra: 16 puntos son 10 cm
Monta 46 puntos y teje del derecho unas 40 vueltas, 13 cm.
Siguiente vuelta: Cierra los 8 primeros puntos y teje del derecho hasta el final.
Siguiente vuelta: cierra los 8 primeros puntos y teje del derecho hasta el final.
Quedan 30 puntos.
Siguiente vuelta: 3 puntos derecho, mengua 1 punto( desliza un punto sin tejer, teje el siguiente y monta el punto deslizado sobre el tejido), teje del derecho hasta que queden 5 puntos y mengua otro punto( dos puntos juntos del derecho), teje los 3 últimos puntos del derecho.
Siguiente vuelta: teje todos los puntos del derecho.
Repite estas 2 vueltas 9 veces en total, quedan 12 puntos.
Teje 6 vueltas del derecho.
Siguiente vuelta: 3 puntos derecho, un aumento ( recoge la hebra que hai entre los 2 puntos con la aguja y téjela  retorcida del derecho), sigue tejiendo del derecho hasta que queden 3 puntos, haz un aumento , y teje los 3 últimos del derecho.
Siguiente vuelta: teje todo del derecho.
Repite estas 2 vueltas 6 veces en total hasta que tengas 24 puntos.
Siguiente vuelta: 3 puntos derecho, haz un ojal ( teje dos puntos juntos y echa una hebra en la aguja), teje del derecho hasta los 5 últimos puntos, haz otro ojal ( esta vez haz la hebra antes y luego haz los 2 puntos juntos), 3 puntos del derecho.
Sigue tejiendo del derecho 9,5 cm más ( unas 28 vueltas).  Repite la vuelta de los ojales. Teje 4 vueltas más a punto derecho y cierra los puntos. Remata los hilos y cose los botones y tendrás listo tu cubrepañales.
Espero que os sirva para hacer muchos. Si encuentras algún fallo o tienes alguna duda pregúntame, intentaré solucionarlo.


lunes, 22 de septiembre de 2014

Clases de calceta..



A partir do mes de outubro darei clases de calceta e ganchillo en Lugo. Na mercería  Un Amor de Botón ,  na rúa Montevideo. Aínda quedan plazas, se estás interesad@ pásate por alí e pregunta horarios e prezos... Alí podes atopar todo tipo de materiais para as túas labores e uns botóns chulísimos... Ademáis dunhas rapazas encantadoras que fan moi acolledor o sitio. Anímate.






sábado, 26 de julio de 2014

II FÍA DE ÍNSUA

O domingo pasado houbo unha fía na parroquia de Ínsua en Vilalba, a asociación de mulleres desta parroquia está a facer unha laboura de recuperación incríble. Xa levan anos facendo todo o proceso do liño e recreándoo na tasca que organizan en outubro. Xa vos informarei cando seipa a data exacta. 
 E agora tamén organizan unha fía, e alá me fun cos meus petates. Foi un auténtico placer participar nesta fía, paseino xenial. Aquí vos deixo unhas fotos do meu posto...
grazas dende aquí a Lou polas fotos tan boas que me fixo...




martes, 8 de julio de 2014

Un novo chal...

este verán no grupo Greta and the fibers están a organizar un KAL no que decidín participar porque me encantou este chal.  Os gráficos son fáciles de recordar polo que é bastante fácil e faise rápido. parecíame algo pequeno e fixen unha repetición máis do último gráfico antes de facer o borde. Logo no borde non me coincidían os puntos e tiven que improvisar algo pero o resultado gustoume moito...
















E como me gustou tanto, empecei outro dos chales  do KAL, espero ensinarvolo pronto...
Se queredes participar aínda estades a tempo, pasádevos polo grupo de ravelry.
Máis detalles aquí

viernes, 13 de junio de 2014

KNITTY

Xa saiu o Knitty de outono, para as que non o saibades o knitty é unha revista de calceta na rede, totalmente gratuíta , eso sí está escrita en ingles. Sempre ten algo interesante para tecer.
Por exemplo nesta entrega eu destacaría   estes calcetíns e este chal


e este xersei nunha cor soa pode quedar chulísimo







lunes, 9 de junio de 2014

FOLIADA DE ORBAZAI
Este sábado foi a foliada de Orbazai e chamáronme para expoñer o meu traballo nunha pequena feira de artesanía. Viñeron a facerme compaña Tania máis coñecida como Alfanhui14 e Cris de Bolboreta Calceta. Pasmos un día entre risas, calceta e música tradicional. Moitas grazas rapazas por vir até aquí